| Polo dereito a vivirmos en galego |
|
|
|
Sunday, 18 May 2008, 09:30 - 15:00 |
por admin |
Accesos : 193 |
|
O Teixo participará na manifestación a celebrar o vindeiro 18 de maio en Compostela e que convoca a Mesa pola Normalización Lingüística co lema "Polo Dereito a Vivirmos en Galego" . Para facilitar a asistencia de calquera persoa que viva na contorna d'A Ulloa poremos un autobús coas seguintes horas de saída:
- 09.45 horas. Saída de Antas
- 10:00 horas. Saída Monterroso
- 10.15 horas. Saída de Palas de Rei
Pensamos que os galegos temos dereito de comunicarnos e decidir o futuro da nosa lingua, base do pensamento e forma de ser dos galegos. Temos un tesouro que herdamos dos nosos antergos e que debemos preservar, sin que por elo exista prexuizo algún á hora de enriquecernos con outros idiomas e culturas do planeta pero sen esquecer que a lingua de Galiza, a de todos nós, é o galego.
Máis información na web da Mesa pola Normalización Lingüistica
|