| Festival Sitio Distinto |
|
|
Dende Saturday, 27 September 2008 - 16:00 Até Sunday, 28 September 2008 - 03:00 Cada día |
por admin |
Accesos : 124 |
|
O Teixo organiza en colaboración coa mocidade de Monterroso o Festival Sitio Distinto que este ano se celebrará o 27 de setembro e coincidirá coas festas do pobo. Entre outros cabe destacar as actuacións dos Tres Trebóns, Nadadora, Galegoz, Ataque Escampe, Leo i Arremecaghona, Novedades Carmiña, Xenro e Nemetos. Ademáis tamen se contará co espectáculos de Maxia e Malabares, pechando o fin de festa cos DJs Monofase, R. Ninit e Jairo.

O evento conta cun presuposto total de perto de 15500€, uns 7000€ máis dos que se tiña previsto nun principio, grazas entre outros á colaboración da Vicepresidencia da Diputación de Lugo, Dirección Xeral de Turismo, Concello de Monterroso e máis da Comisión de Festas. Pero ante todo debemos agradecer todo o esforzo co que nos agasallaron moitos mozos e mozas do pobo, que prestaron o seu tempo e traballo para axudar ao Teixo na organización deste festival. Esperemos que se anime moita xente a pasarse polos concertos e que o ano que ven a historia se repita. |