Medio Rural
Perfil do contratante
Convocatorias para o  novo rural
NOVIDADES NA WEB
Actualizadas as normas para a acreditación dos méritos científicos no proceso selectivo.
Engadidos os prezos do leite percibidos polos produtores no mes de outubro.

 
 
Suárez Canal destaca a proxección dos viños da D.O. Rías Baixas no mercado exterior que incrementaron nun 70% as exportacións nos últimos dous anos
Santiago de Compostela, 08/01/2009 O conselleiro fixo público este dato durante a visita á adega da Cooperativa Vitivinícola Arousana S.C.G., que contou con asesoramento e soporte técnico dos servizos provinciais da Consellaría do Medio Rural para iniciar a súa actividade e cunha axuda de máis de 1,5 millóns de euros para as instalacións.
Medio Rural declara a prevalencia de utilidade pública da autovía A-52 en Lugo sobre a dos montes veciñais de Soñar e Coeses
Santiago de Compostela, 08/01/2009 A Consellaría do Medio Rural declarou a prevalencia de utilidade pública do proxecto de autovía A-54 Lugo-Santiago no tramo Vilamoure-Nadela e conexión con Lugo, sobre a dos montes veciñais en man común “Soñar” e “Lamablanca, Lagoa e Paramelo”, promovido pola Demarcación de Estradas do Estado en Galiza, segundo acordou o Consello da Xunta.
A campaña divulgativa do Banco de Terras chega esta semana a Monforte de Lemos e Sarria
Monforte de Lemos, 06/01/2009 A presentación da campaña informativa itinerante do Banco de Terras de Galiza celebrarase este mércores en Monforte e o xoves en Sarria co personaxe Facundo, un agricultor xubilado que analiza, mediante un lúdico xogo de ventrílocuo, as garantías e beneficios de incorporar leiras ao Bantegal.
Medio Rural vén de aboar preto de 100 millóns de euros correspondentes ao pagamento único e ao resto de axudas da PAC da campaña 2008
Santiago de Compostela, 06/01/2009 Máis de 40.000 produtores galegos recibiron nas dúas últimas semanas de decembro as axudas en concepto do pagamento único, as axudas acopladas por cultivos herbáceos e de ovino-cabrún e o pagamento adicional do sector lácteo.
Medio Rural confirma que o proceso de vacinación da cabana gandeira galega contra a lingua azul superou o 90% a finais de 2008
Santiago de Compostela, 05/01/2009 Desde o pasado 1 de setembro ata o 31 de decembro aplicáronse máis de 4,3 millóns de doses da vacina contra os serotipos 1 e 8 a máis de 1,1 millóns de reses bovinas, ovinas e cabrúas, quedando por concluír algunhas explotacións, fundamentalmente en extensivo, que serán vacinadas durante o mes de xaneiro, o que significa que o proceso está “practicamente culminado”.
UTILIDADES
SIXPAC
SIXPAC
Sistema de Información Xeográfica de Parcelas
SITGA
SITGA
Sistema de Información Territorial de Galiza
SITEGAL
SITEGAL
Sistema de Información
de Terras de Galiza
Control leiteiro
Control leiteiro
Análise de
produción e calidade
E-MELLORAS
E-MELLORAS
Xestor de axudas
e estudos de viabilidade
ENTIDADES ADSCRITAS
FOGGA
Fogga
Fondo Galego
de Garantía Agraria
AGADER
AGADER
Axencia Galega
de Desenvolvemento Rural
INGACAL
INGACAL
Instituto Galego
da Calidade Alimentaria
sociedades públicas
BANTEGAL
bantegal
Banco de Terras
de Galiza
SEAGA
SEAGA
Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos
SODECO
SODECO
Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal
XENÉTICA FONTAO
XENÉTICA FONTAO
Centro de selección
e reprodución animal

Aviso Legal © Copyright. Consellaría do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados.
RSS RSS