Xunta de Galicia. Consellaría de Cultura

Saltar menú


Destacamos

O camiño internacional da cultura galega

"The Galician Way" é a nova marca da proxección exterior da nosa cultura

A nosa historia mergullada

Cultura desenvolve un plan para catalogar e poñer en valor o patrimonio arqueolóxico subacuático

Vítimas, nomes, voces e lugares

Unha investigación para coñecer a represión franquista e a identidade dos que a sufriron

Xacobeo Galicia

O primeiro equipo ciclista profesional galego continúa na súa escalada de triunfos

Protección dos xacementos megalíticos

As principais mámoas, dolmens, cistas e menhires de Galiza serán BIC

AGADIC bota a andar

Unha axencia para promover a nosa cultura apoiando ás empresas que a producen



Actualidade

A Dirección Xeral para o Deporte inviste máis de 5 millóns de euros en instalacións deportivas no Morrazo

[02/01/2009] A Dirección Xeral para o Deporte está a facer na comarca do Morrazo un gran esforzo para dotar aos concellos de Cangas, Marín, Bueu e Moaña de instalacións deportivas axeitadas. As últimas actuacións realizadas e as proxectadas para iniciar en 2009 sitúan o investimento na comarca en máis de 5 millóns de euros, a maior cantidade achegada nunca de forma simultánea para a mellora do deporte no Morrazo. [continuar]

Cultura recuperará o conxunto monumental e etnográfico do Santuario de Prada, na Veiga (Ourense)

[02/01/2009] A Consellaría de Cultura e Deporte acometerá a partir deste ano que comeza a rehabilitación dun conxunto de gran interese arquitectónico e etnográfico no oriente ourensán: o santuario do Santo Cristo da Ascensión de Prada, na Veiga. O departamento que dirixe Ánxela Bugallo investirá en 2009 177.000 euros na primeira fase dunha actuación que ten por obxectivo recuperar o templo e as súas edificacións anexas. [continuar]

O Consello da Xunta aproba a declaración do Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural

[30/12/2008] O Consello da Xunta aproba hoxe o decreto polo que o Pazo de Meirás, en Sada, pasa a formar parte da listaxe de bens de interese cultural de Galiza. A súa declaración como BIC coa categoría de sitio histórico entrará en vigor a partir da publicación do decreto no DOG, e suporá outorgarlle o máximo grao de protección a este edificio do século XIX e estilo neomedieval moi ligado á figura de Emilia Pardo Bazán. [continuar]

Quince das principais empresas galegas participan na nova Fundación Gaiás

[29/12/2008] O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e Juan Manuel Urgoiti, presidente do padroado da nova Fundación Gaiás, presentaron hoxe, xunto aos líderes de 15 empresas galegas, os obxectivos deste novo organismo que xestionará parte do complexo da Cidade da Cultura. [continuar]

Cultura investirá 212.000 euros na construción dun centro de acollida de visitantes aos petróglifos de Mogor (Marín)

[27/12/2008] O xacemento de arte rupestre de Mogor en Marín contará a partir de 2009 cun centro de acollida de visitantes. O Consello da Xunta do martes 30 de decembro aprobará o convenio entre a Consellaría de Cultura e Deporte e o Concello de Marín para o investimento de 212.000 euros na construción deste centro e de dúas pasarelas para acceso aos petróglifos. [continuar]

Cultura inviste 180.000 euros na recuperación da muralla do Castelo dos Sarmiento en Ribadavia

[26/12/2008] A Consellaría de Cultura e Deporte investirá 180.000 euros nunha nova actuación para recuperar e poñer en valor o Castelo dos Sarmiento en Ribadavia. Intervirase no tramo da muralla na rúa Tomás de Lemos, onde se realizarán traballos de escavación, recuperación estrutural e iluminación da muralla. [continuar]

Conclúe o proxecto A Memoria do Mar, con máis de 4.000 fotografías de 25 localidades costeiras

[22/12/2008] A nave da exposición permanente do Museo do Mar de Galicia, en Alcabre-Vigo, acolleu hoxe a presentación dos resultados do proxecto A Memoria do Mar, desenvolvido durante meses polo propio museo en colaboración coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores. [continuar]

Ánxela Bugallo visita o Centro Arqueolóxico do Areal e anuncia a súa apertura ao público en xaneiro

[22/12/2008] A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, e o director do Museo do Mar, Pablo Carrera, visitaron esta mañá o Centro Arqueolóxico do Areal, que alberga unha salina romana datada nos séculos I e III, e no que o departamento investiu 1.400.000 euros para a súa posta en valor e proxecto museístico. [continuar]

A selección galega de fútbol masculina xogará contra Irán en Riazor e a feminina enfrontarase á selección de Illes Balears

[20/12/2008] As seleccións galegas xa teñen rival. Irán e Illes Balears son os dos equipos que xogarán en Riazor e Pasarón, respectivamente, os días 27 e 28 de decembro. as negociacións nos dous últimos días foron moi intensas para acadar este acordo coa máxima celeridade. [continuar]

Cultura investirá 230.000 euros na restauración da cuberta dun dos claustros do Mosteiro de Santa María de Oseira

[20/12/2008] A consellaría de Cultura e Deporte investirá 230.000 euros na renovación da cuberta dun dos claustros do Mosteiro de Santa María de Oseira, no concello ourensán de San Cristovo de Cea, un dos maiores e máis importantes cenobios da orde do Císter en toda a Península. [continuar]

Buscar en noticias

Busca avanzada

Axenda

O Porriño e "O Siñor Afranio"

[07/01/2009 - 20/01/2009] O concello do Porriño acolle entre o 7 e o 20 de xaneiro a exposición "Antón Alonso Ríos. O Siñor Afranio" no Centro Cultural da vila.

"En torno da Baskerville" no CGAC

[08/01/2009 - 01/03/2009] exposición organizada pola Asociación Galega de Deseñadores (DAG) sobre o resultado dunha investigación e intervención proposta a trinta deseñadores.

A sombra da historia. Os contextos que veñen

[18/12/2008 - 01/03/2009] Un achegamento ao mundo dos arquivos, coa análise do tipo de interpretación e construción derivada do emprego das bases de datos e das informacións presentes nos arquivos.

"Clemens von Wedemeyer presenta"

[16/10/2008 - 11/01/2009] Cinco pezas do artista alemán que reflexionan sobre o propio medio: filmes que falan ao espectador sobre a súa relación co cine.

"Toksukawamura. Corazón do camiño"

[26/09/2008 - 31/01/2009] Exposición do fotógrafo galego Luís Alonso Ocaña sobre a tradición milenaria xaponesa do Camiño Kumano.

Ver axenda



Podes subscribirte ás novidades desta web cun lector de feeds  RSS Noticias RSS Axenda RSS Avisos

Accesibilidade | Aviso legal