|
Dámoslle a benvida á páxina de O Teixo, unha Asociación Cultural e Deportiva que desenvolve as súas actividades ao longo da Comarca da Ulloa. Pretendemos que a nosa web se convirta na ferramenta perfecta para amosar tódalas actividades e noticias relacionadas coa asociación. Ademáis tamén nos serve como unha grande fiestra que espella o noso traballo e iniciativas a todo o mundo.
A asociación Cultural e Deportiva o Teixo constitúese no ano 2004. Segundo os estatutos que regulan a asociación os fins e actividades que definen a nosa actividade resúmense nos seguintes puntos:
- Observación e defensa dos espazos naturais
- Realización de roteiros e camiñadas polo medio natural
- Recuperación e divulgación da cultura Galega
- Realización de conferencias culturais
- Promover e ralizar actividades que sensebilicen a concienzación cidadá no referenta ao coidado da nosa natureza
O Teixo é unha asociación sen ánimo de lucro e ubicada dentro da comarca de A Ulloa, onde desenvolve a meirande parte das súas actividades.
Actualmente o noso tecido está formado por máis de 100 homes e mulleres que de forma desinteresada realizan actividades as que se pode sumar calquera que así o desexe. Para calqueira dúbida ou información non tedes máis que poñervos en contacto connosco, a través dos datos que se facilitan na sección CONTACTO desta mesma web.
|