Calendario
| « | < | Agosto 2008 | > | » |
| L | M | Y | X | V | S | D |
| 28 | 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 |
| 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
| 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
| 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Próximas actividades
| Sen eventos |
| Lodos incontrolados NON! |
|
|
|
|
Nas aldeas de Vilaxuste, Caborrecelle e Gonzar, todas elas pertencentes ao concello de Portomarín estanse a producir un uso incontrolado de lodos industriais. hai algún tempo as comunidades de montes, de mútuo acordo e seguindo a normativa correspondente, decidiron instalar nos montes comunais balsas para almacenar o purín. Isto permítelles aos labregos abonar na época de produción das leiras e non cando llo esixe a capacidade da foxa da súa explotación. Segundo os gandeiros, nas balsas o purín fermenta e produce un abono de maior calidade que unido ao feito de que se bota no seu tempo, contribúe a unha mellora na produción da terra. A polémica xurdiu cando un grupo de veciños (un pertencente a cada parroquia citada) sen permiso algún, empezou a usar a súa foxa para o almacenamento de lodos industriais altamente contaminantes, que ademáis usaron de abono para as súas varadas (como todo o mundo sabe a varada é un préstamo da comunidade de montes aos que se adican á agricultura e a gandaría, quen non se adique a esta actividade non ten dereito a ela). Está comprobado que este tipo de abono primeiro imprímelle á terra un rítmo de produción moi alto, pero despois acaba por estirilizala para sempre. Ademáis extende o seu radio de acción ás leiras lindantes, co efecto nocivo xa descrito. Os lodos non son máis que un sustancioso negocio que aporta importantes cantidades de diñeiro aos implicados, ata tal punto que nalgún caso, se permitiron o luxo de burlarse dos seus veciños, xa que, segundo estes individuos “para gañar cartos non fai falla dobrar o lombo”. A última ocurrencia destes individuos foi instalar unha incineradora para eliminar os residuos, de novo o lugar onde a pretenden ubicala arrastraría máis contaminación, neste caso atmosférica, á zona citada. A ASC O Teixo quere condenar a actitude indecente, inmoral e insolidaria, ancorada no capitalismo máis atroz, de quenes desoíndo as opinións dos seus veciños, procuran sacar rendemento económico a conta do empobrecemento agrícola e natural de toda unha zona. Lodos incontrolados NON! |



