Entrar / Rexistrarse

Menu principal

Inicio
Quenes somos
Actividades
Novas
Descargas
Foro
Búsqueda avanzada
Enlaces
Contacto

Calendario

« < Xullo 2008 > »
L M Y X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3

Próximas actividades

Sen eventos
Boa acollida das xornadas sobre os petroglifos PDF Imprimir E-mail

Este pasado domingo 18 de marzo, celebrouse unha xornada sobre os Petroglifos que consistiu nunha visita guiada polo experto e estudoso do tema Carlos Rodríguez Rellán que explicou brillantemente e cunha linguaxe moi sinxela as principais características don Petroglifos existentes no Monte Farelo de Antas de Ulla. Sorprendeunos moi positivamente a grande acollida que tivo, e máis para ser un domingo pola mañá, posto que se acercaron até o monte preto de 55 persoas.

Antes de comezar as conferencias na Casa da Cultura de Antas de Ulla recargamos enerxías cun bo xantar no restaurante "O Val" a que acudiu a meirande parte da xente que fixera a visita.

As 16:00 horas comezou a súa intervención o catedrático Ramón Fábregas Valcarce que nos explicou de maneira moi amena e distendida a historia, data e características de toda a tipoloxía de petroglifos existentes en Galiza, facendo especial incidencia nos que existían no nosa zona.

Por último falou, a estudiosa local dos petroglifos existentes no Monte Farelo, Cristina Varela Cadahía, que nos agasallou cunha colección de fotografías moi reveladoras, pola boa calidade, posto que unha boa visualización dos petroglifos depende en gran medida da forma en que a luz incide neles e das condicións meteorolóxicas.

Por último as xornadas remataron facéndolle entrega a cada un dos poñentes dunha pedra tallada a man por Jose Antonio Amor, un escultor local de Antas de Ulla. Cada agasallo contiña unha réplica do petroglifo da aldea de Facha(Antas de Ulla).

O éxito da primeira actividade que organiza O Teixo no 2008 énchenos de ledicia e ganas de seguir traballando en prol da nosa cultura e da nosa historia, moitas grazas a todos.

Pódese ler a nova na Voz de Galicia

 

Enquisa

A web de O Teixo paréceche...
 

Usuarios en liña

Get Moolets
LoadingLoading...