|
O Teixo organiza en colaboración coa mocidade de Monterroso o Festival Sitio Distinto que este ano será o 27 de setembro e coincidirá coas festas do pobo. Entre outros cabe destacar as actuacións dos Tres Trebóns, Nadadora, Galegoz, Ataque Escampe, Leo i Arremecaghona, Novedades Carmiña, Xenro e Nemetos. Ademáis tamen haberá actuación de Maxia e Malabares, pechando o fin de festa cos DJs Monofase, R. Ninit e Jairo.

O evento é posible á colaboración da Vicepresidencia da Diputación de Lugo, a Dirección Xeral de Turismo o Concello de Monterroso e máis da Comisión de Festas. Pero ante todo debemos agradecer todo o esforzo co que nos agasallaron moitos mozos e mozas do pobo, que prestaron o seu tempo e traballo para axudar ao Teixo na organización deste festival. Esperemos que se anime moita xente a pasarse polos concertos e que o ano que ven a historia se repita.
|