O Linho do Cuco presentará o seu novo disco no Centro Social de Monterroso
Este Venres 7 de Xaneiro as 20:00 , no salón de actos do Centro Social de Monterroso, Linho do Cuco presenta o seu segundo disco que ten por nome 3. (algunhas das pezas en myspace)
Vídeo a cargo de Juan Carlos Moreno co título "A lingüística e o nacionalismo lingüístico español", celebrada na Xornada 10 Anos de Filoloxía Catalá na UOC.
A internet amosa que se empregan máis os topónimos galegos
Procuramos en Google os resultados para a palabra galego e comparámolos coas veces nas que se recolle a voz gallego e sorpresa: galego aparece 20 millóns de ocasións máis que gallego.
O Teixo participará na manifestación convocada o vindeiro domingo 18 de maio en Compostela pola Mesa pola Normalización Lingüística co lema "Polo Dereito a Vivirmos en Galego" . Para facilitar a asistencia de calquera persoa que viva na contorna d'A Ulloa poremos un autobús coas seguintes horas de saída:
O sábado 26 de abril ADEGA vai realizar dentro do Proxecto Ríos un Roteiro polas Torrentes de Mácara, O Teixo vai a participar nesta actividade, asemade imos a apadriñar unha parte do río. Aínda estou pendente da chamada de ADEGA para aclarar este punto, pero parece que están interesados en que apadriñemos unha parte do río, cando teña máis información de isto xa vola paso.